Cando chegamos a Santiago de Compostela, o primeiro que fixemos foi visitar MeteoGalicia,
onde aprendemos o proceso que se leva a cabo para tomar datos sobre o
tempo de galicia e hasta se pode chegar a obter o clima, despois de anos
de analises (20 anos como mínimo).O Primeiro que fan e inflar un globo de Helio ao que se lle engade unha sonda cun GPS e pilas que contan cun anticoxelante para evitar que estes se estropeen. O globo será lanzado posteriormente ao ceo que perdurará durante unhas horas ata que este estoupe. A desvantaxe deste método é que o globo non é Biodegradable, o que significa que este contamina o medio natural. Pero hay que mencionar que o globo conta cunha etiqueta que ensina a forma de tirar o globo ao lixo.
Na parte final desta visita, antes de comer, ensináronnos a cantidade de ordenadores e materiais que utilizan as persoas que traballan no IGE. Hay que recalcar que para soster o mantenemento de tanto ordenadores é importante a presencia dun sitema de frío (para evitar o sobrequetamento e mal funcionamento destes potentes ordenadores)
As 16:15 quedamos para visitar o CESGA,
que nos ensinaron as máquinas a súa capacidade como tamén fixarnos nas
fichas técnicas de cada un destes aparatos, que tiñan un gran capacidad
de almacenamento (ata 8TB).Tamén nos mandou fixarnos nun cadro da entrada que indicaba a evolucion dos discos duros ao longo da historia. Nun principio este discos gozaban de varios centímetros de diámetro. Agora apenas chegan aos 5cm.
Por último fomos ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, onde puidemos gozar dunha ampla selección de seres vivos e minerais coas súas determinadas características e historia.E esta foi a visita cultural que realizamos o día 2 de Novembro, ogallá poidamos gozar de máis saidas deste estilo, xa que sería unha forma útil e diferente de aprender.
No hay comentarios:
Publicar un comentario