A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA)
é o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos
avanzados da Comunidade Científica Galega, Sistema Académico
Universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas
(CSIC). A Fundación CESGA é unha institución sin ánimo de lucro dos
cales os patronos pertencen á Xunta de Galiciae ao CSIC.A Fundación ten como misión contribuir ao avance da Ciencia e a Técnica, mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacioóns de altas prestacións, así como outros recursos das tecnoloxías da información, en colaboración con outras institucións, para o beneficio da Sociedade.
En canto aos servizos destinados ao usuario do CESGA podemos gozar de soportes técnicos para a explotación dos sistemas de cálculo e aplicación destes, almacenamento de datos, acceso ás redes de Ciencia e tecnoloxía de Galicia, etc.
A investigación no CESGA está centrada na Ciencia Computacional co obxetivo de contribuir significativamente ao avance de dúas áreas de interés:
- Tecnoloxías para Computación de Alto Rendimiento (HPC) e e-Ciencia.
- Solucións computacionais para varias áreas estratéxicas de ciencia e tecnoloxía, con gran impacto na reión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario