'' Isto é o caso dun pequeno
chícharo que, o seu único desexo era saír daquel sitio tan frío cheo de
cenorias, lentellas e demais alimentos que se atopan alí, prensando a súa
cidade contra a parede do conxelador. Pero una noite, aquelas legumes que se
atopaban naquel cubo branco puideron ver a luz. De súpeto, viron entrar unha gran
cantidade de luminosidade ao abrirse aquela portela, coma se da porta do mesmo
inferno se abrise.
Todos os chícharos
comezaron a alterarse e a gritar como si o demo os levase e esta casa de chícharos
puideron sentir a sensación de voar dunha galaxia a outra, e pasaron dun sitio
tan branco e frío, a poder bañarse nunha piscina de ferro de auga quente que
pouco a pouco aumentaba a súa temperatura.
Aquel chícharos
pasaba o rato mirando o seu reflexo nas paredes daquel novo fogar e sempre se
salvaba daqueles remuíños de auga que pasaban cada cinco minutos e tragaban a
centos de veciños de distinta especie. Pero de súpeto, a auga da piscina é baleirada
e o chícharos volve a ser colocado nun terreo branco, moi duro e esvaradío.
Cando o chícharos mira para o ceo, o tridente do demo perfora o corpo do chícharo
e este, a punto de morrer, cos ollos entreabertos, sente como é levado a unha
cova escura e vernizada por unha especie de sustancia mucosa.
Qué fixen para que
o demo me levara …?
Estas foron as
últimas verbas deste pequeno chícharo. ''
Espero que os haya gustado este microrelato, si quereis participar en este concurso, haz click en el enlace de aquí abajo y participa. ¡Es Fácil y Divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario